Molino, El
Molino, El
Teatro e café concerto de Barcelona. Foi construído a finais do s XIX para ofrecer espectáculos de variedades. Recibiu varios nomes, como Petit Palais (1909), Petit Moulin Rouge e Moulin Rouge (1916), ata que en 1939 adoptou o nome definitivo. É moi popular polos seus espectáculos de marcado carácter erótico.