Momento, El
Momento, El
[PUBLIC]
Xornal publicado en Viveiro a partir do 1 de decembro de 1931. Cesou en 1934. Subtitulouse “Órgano de las Agrupaciones Socialistas del distrito y defensor de la clase trabajadora”. Dirixiuno Bieito Sánchez López, e aparecía cada dez días, ata agosto de 1933 en que se fixo quincenal. De tendencia socialista e autonomista, caracterizouse pola súa postura anticaciquil e anticlerical, a defensa do voto da muller, a preocupación pola cultura do obreiro e a súa oposición a unha República burguesa.