momificación

momificación

(< momificar)

  1. s f

    Acción e efecto de momificar ou momificarse.

  2. s f [RELIX]

    Proceso de transformación dun cadáver en momia. Foi unha práctica habitual entre os antigos exipcios e outros pobos, como os precolombinos e os guanches. En Exipto a súa finalidade era deter a corrupción do corpo, sede da ánima, que o necesitaba para existir. O número de operacións do proceso variaba en función da clase de momificación practicada. A máis complexa comprendía: a extracción das vísceras torácicas, abdominais e do cerebro, volvendo encher as cavidades baleiradas con natrón seco; a deshidratación do corpo por medio de natrón, co que se recubría o cadáver; o lavado do corpo con auga; o enchido definitivo das cavidades abdominais, torácica e cranial con liño e resina ou outros produtos; a unción do cadáver con aceite de cedro e diversos produtos; e a colocación das vendas.

Palabras veciñas

Momento, El | Momento, El | momia | momificación | momificar | Mommsen, Christian Matthias Theodor | momo