Môn
Môn
Illa de Gales, situada no mar de Irlanda (715 km2; 59.799 h [1981]). O relevo está formado por vales pantanosos e outeiros desiguais aproveitados para o pastoreo. Os seus habitantes, de fala galesa, concéntranse nas principais cidades, que son Caergybi, Biwmares e Llangefni, a capital.