Mon

Mon
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe que leva por armas, en campo de ouro, unha árbore de sinople, terrazada do mesmo; no flanco destro un cabaleiro armado, partindo unha póla de árbore coa man sinistra e, movente do flanco sinistro, un brazo armado empuñando unha espada con cazoleta, gornecida de prata, en acción de cortarlle a man ao cabaleiro; do pé da árbore saen unhas chamas de goles e ouro, e ao seu tronco están atados cunha corda dous lebreiros, enfrontados, da súa cor e, asida ao mesmo tronco, unha man cortada co pulso ensanguentado. Ao lado sinistro do terrazo, cargado desta lenda en letras de sable: “Estas armas y blasón son de la casa de Mon -como fuerte las gané- y así las defenderé”.