monacita
monacita
s
f
[MINERAL]
Fosfato de cerio, lantano, itrio e torio, de fórmula (Ce,La,Y,Th) PO4, que pertence á clase dos fosfatos e cristaliza no sitema monocíclico. É de cor amarela ou castaña, ten brillo resinoso e posúe unha dureza de 5-5,5 e unha densidade de 4,6-5,4. É fráxil e radioactivo e ten unha boa exfoliación. Preséntase en monocristais pequenos en forma masiva, granular ou en forma de area, e emprégase como principal fonte do óxido de torio.