Monciro, serra do

Monciro, serra do

Sistema montañoso que se estende en dirección NL-SO polas parroquias de Barredo, Serés, Pena, A Meda e Montecubeiro (Castroverde) e Suegos (Pol). A súa maior altitude é O Monciro (861 m). Nos seus contrafortes nacen os ríos Azúmara e Lea.