Mondoñedo, San Martiño de

Mondoñedo, San Martiño de

Conxunto monástico situado en Foz. A súa orixe non se coñece con exactitude pero si se sabe que foi refuxio de san Martiño de Dumio. Foi sé episcopal da diocese do N de Galicia ata a construción da catedral de Mondoñedo no s XII. Distínguense tres etapas construtivas no templo: iniciouse entre os ss V e VI en estilo prerrománico, do que quedan restos de muros, columnas e capiteis; no s XI comezou a influencia románica, que se observa na cabeceira de tres ábsidas semicirculares cubertas no exterior por arcos de medio punto; e xa no s XV, engadiuse unha torre no lado sur. A igrexa ten tres naves e a ábsida central leva contrafortes no exterior. No seu interior destacan as tallas dos capiteis historiados e os frontais do altar, ademais das pinturas murais. Na fachada presenta unha arquivolta semicircular e o lintel historiado. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1931.