Mondragón

Mondragón

Familia de orixe vasca que se instalou en Galicia no s XVI. Desenvolveron un importante labor como patrocinadores artísticos na cidade de Santiago de Compostela. Exemplos disto foron a capela de Mondragón ou da Piedade na catedral, ou a configuración barroca da parte S do deambulatorio, que non sufriu moitas modificacións pola insistencia dos Mondragón en que non variase a estrutura da súa capela situada nese lado. Patrocinaron, ademais, a capela do pazo de Ortigueira de Santa Cruz de Ribadulla e a igrexa do Divino Salvador de Coiro (Cangas). O principal representante da familia foi Andrés Ibáñez de Mondragón Ozores de Sotomayor , cabaleiro da orde de Santiago e primeiro marqués de Santa Cruz de Ribadulla (1681). Melchor de Mondragón foi reitor da igrexa do Divino Salvador de Coiro e impulsou a construción da casa reitoral na segunda metade do s XVI. En 1724 dona Escolástica de Mondragón fundou a capela de San Bernaldo e Santa Escolástica.