Mondriaan, Pieter Cornelis
Pintor neerlandés. Coñecido como Piet Mondrian, considerouse o pai do neoplasticismo ou plástica pura. Formouse como profesor de arte na Academia de Belas Artes de Amsterdam e deuse a coñecer en 1906 como pintor tradicional de paisaxes. En 1911 instalouse en París. O seu espírito austero, e as súas crenzas teosóficas, levárono a unha linguaxe pictórica inspirada polo ángulo recto, a liña, o plano e as cores primarias e o negro, buscando sobre todos eles unhas leis de harmonía. En 1914 volveu a Amsterdam e continuou as súas investigacións dentro dun sistema severo de horizontais e verticais. Con Christian-Emil-Marie Küpper fundou a revista De Stijl (1917), voceira das tendencias xeométricas e construtivistas. Formulou teoricamente o neoplasticismo como unha nova organización do espazo e eliminou da pintura todo selo manual co fin de alcanzar na simplicidade a máxima forza plástica. Despois dunha estancia en París, en 1919 volveu a Holanda, pero fuxindo da guerra, pasou de Londres a Nova York en 1940. Alí rexuveneceu a súa obra con un novo dinamismo e unha nova liberdade compositiva. Da súas obras destacan New York City I (1942) e Broadway boogie-woogie.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Amersfoort -
Deceso
Lugar : Nova York