monel

monel

(< antropónimo Ambroise Monel)

s m [IND]

Aliaxe constituída por níquel (66-68%), cobre (27-30%) e ferro (1,5-3%). É de cor branca e ten unha densidade de 8,82 e un punto de fusión de 1.360°C. Posúe unha gran resistencia á tracción, un bo alongamento, e resiste de maneira salientable a acción corrosiva da auga do mar, do vapor de auga e dos ácidos.