monema

monema

(< mon- + -ema)

s m [LING]

Unidade significativa mínima da primeira articulación da linguaxe (dobre articulación), na terminoloxía de André Martinet, en oposición á unidade distintiva ou fonema. Os monemas que pertencen ao campo do léxico ou vocabulario son lexemas, e os que forman parte da estrutura gramatical son morfemas.