Monfragüe, Parque Nacional de
Monfragüe, Parque Nacional de
Zona da provincia de Cáceres, Extremadura, que abrangue unha superficie de 17.852 ha, delimitado por serras e sucado polos ríos Tajo e Tiétar. É unha das zonas de España máis representativas do bosque mediterráneo. A especie forestal máis abundante é a aciñeira. En canto á fauna, atópanse representados o lince e case todas as aves de rapina europeas, destacando o voitre negro e a aguia imperial.