Monforte de Lemos, San Lázaro de

Monforte de Lemos, San Lázaro de

Hospital e ermida situada en Monforte de Lemos. A primeira nova documental coñecida refírese a un documento de 1592 escrito na sala De profundis do desaparecido convento franciscano de Santo Antonio de Padua. Trátase dun templo de orixe medieval pero con numerosas reformas posteriores. Conta con muros de cachotaría, un pórtico sustentado por piares cuadrangulares e un retablo dedicado a san Lázaro. Só se conserva o templo.