Monforte de Lemos, San Domingos de ou convento da Régoa

Monforte de Lemos, San Domingos de ou convento da Régoa

Convento dominicano situado en Monforte de Lemos. Realizado en estilo renacentista con elementos barrocos, foi fundado en 1623 pola viúva do VII conde de Lemos. Destaca o seu patio que ocupa dous pisos, con pilastras que o abarcan en altura, dándolle monumentalidade. A igrexa ten unha soa nave presidida por unha capela maior, cuberta cunha cúpula renacentista. Destaca o artesoado formado por seis panos dispostos de xeito lonxitudinal e divididos en sete partes. O retablo da capela maior, de estilo plateresco, pretendía xustificar a presenza da orde dominicana no concello, fomentar a devoción pola Virxe María e o rezo do Rosario. No retablo da Virxe do Rosario atópase unha imaxe da Virxe co neno atribuída á escola de Valladolid do s XVII. Nas mesmas dependencias atópase o arquivo parroquial.