1 mono -na

1 mono -na

(< ár maimûn ‘feliz’?)

  1. [ANIMAL]
    1. s

      Nome dado a calquera primate superior, en particular aos da familia dos cercopitécidos.

    2. mono araña

      Nome común que reciben os primates do xénero Ateles.

    3. mono capuchino/negro

      capuchino.

    4. mono das neves

      Nome común dos primates cercopitecoideos pertencentes ao xénero Rhinopithecus.

    5. mono de Xibraltar [Macaca sylvanus, Fam dos cercopitécidos]

      Mamífero da orde dos primates que acada os 75 cm de lonxitude total, e 45 de altura na cruz. Habita nas zonas boscosas de Marrocos e de Alxeria e atópase tamén en Xibraltar, pero crese que neste último lugar foi introducido.

    6. mono narigudo

      narigudo.

    7. mono ouveador

      Nome que reciben os primates pertencentes ao xénero Alouatta, da familia dos cébidos.

    8. mono rhesus [Macaca mulatta, Fam dos cercopitécidos]

      Primate de entre 45 e 64 cm de lonxitude e cunha cola de ata 30 cm. Habita en todo tipo de bosques, tanto semiárido como pantanoso. Tamén nas zonas urbanas. Son animais gregarios e omnívoros (comen froitas, follas, sementes e invertebrados). É un animal moi usado en investigación e o nome de rhesus débese a que foi utilizado en investigación por Landsteiner e Wiener para descubrir os sistema sanguíneo Rh. Este simio é natural de Asia, e distribúese desde Afganistán ata China e Tailandia. OBS: Tamén se denomina rhesus.

    9. mono vermello [Erytrocebus patas, Fam dos cercopitécidos]

      Primate, duns 80 cm de lonxitude e 80 cm de cola, corpo esvelto e elegante, extremidades moi longas, as posteriores máis que as anteriores, e cos dedos das mans reunidos na base por unha membrana. Habitan nos límites entre a selva e a sabana. A área de distribución vai desde o S de Mauritania e Senegal ata Sudán e atópase nunha gran parte de África Oriental.

  2. adx e s

    Que ou quen fai o mono ou monadas.

  3. s m

    Debuxo feito dunha maneira esquemática e simple.

    Sinónimos: monicaco, monifate.
  4. s m [PAT]

    Síndrome de abstinencia dun drogadito.

Frases feitas

  • Facer/pintar a mona/o mono. Facer o parvo.

  • Ser a última mona/o último mono. Ser unha persoa insignificante, que non conta para nada.

Palabras veciñas

Monnier, Henri | Mono | moño | 1 mono -na | 2 mono -na | Mono Azul, El | Mono da Tinta, O