Mono da Tinta, O
Mono da Tinta, O
[PUBLIC]
Revista de carácter literario publicada en Santiago de Compostela a partir de xuño de 1987. Apareceu co subtítulo “Revista galega de creación” e cunha periodicidade irregular, tirou dous números en outubro de 1987 e outro en 1988. Dirixida por X. C. Quiroga, o seu equipo de redactores estivo integrado por Pepe Bouzas, Camilo Franco, Mª Xesús Xiráldez e Juanjo Jiménez, entre outros. Dedicoulle amplos espazos á creación, á poesía e á crítica, cunha especial atención á literatura portuguesa. Incluíu entrevistas, artigos e bibliografía.