Monreal
Monreal
Localidade do municipio de Ochagavía, Nafarroa, situada á beira do Camiño Francés de Peregrinación a Santiago. En 1149, García V de Navarra concedeulle o foro dos francos. Conserva unha ponte gótica con dúas bóvedas apuntadas. Houbo varios hospitais, unha ermida e unha confraría de Santiago de Compostela.