Monroe, James

Monroe, James

Político estadounidense. Elixido deputado por Virginia (1782-1786), foi senador (1790), embaixador en París (1794-1796) e gobernador de Virginia (1799-1802). Secretario de Estado (1811-1817), candidato polos republicanos, foi elixido presidente de EE UU (1817-1821 e 1821-1825). Obtivo Florida da monarquía hispánica (1819). Preconizou a denominada doutrina Monroe, exposta no Congreso de EE UU o 2 de decembro de 1823, onde se recollen os principios da política exterior estadounidense que levou a cabo, sobre todo, en América Latina e proclamou o peche de América á colonización europea.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Westmoreland County, Virginia

  • Deceso

    Lugar : Nova York