Mons
Mons
Capital da provincia de Hainaut, Bélxica (91.123 h [2001]). É o centro dunha rica rexión industrial que produce máis da cuarta parte do carbón belga. Medrou arredor do castelo construído polos condes de Hainaut no s X e conseguiu a autonomía comunal tres séculos máis tarde. Conquistada por Filipe III de Borgoña (1425), pasou aos protestantes e aos casteláns ata que Luís XVI de Francia a asediou (1691) e pasou a poder de Francia. Destaca a igrexa gótica de Santa Waudru (1450-1589).