Montánchez, Alonso Martínez de

Montánchez, Alonso Martínez de

Escultor. Coñecido como Alonso Martínez, foi mestre de Francisco de Moure. Desenvolveu a súa actividade en Ourense, onde se estableceu na última década do s XVI. Caracterizouse como un manierista pleno. As súas imaxes manifestaban o interese pola tridimensionalidade, pola representación real do vulto. Marcou as liñas e estableceu ritmos contrapostos, que deran sensación dun pregado en movemento. Identificouse como o autor do cadeirado do coro do mosteiro de Santa María de Montederramo, así como dos taboleiros decorativos do mesmo nos que se representaban imaxes do Antigo e do Novo Testamento. Foi o continuador do retablo de Nosa Señora dos Remedios de Vilamaior, que deixara sen rematar Juan de Angés o Mozo, e realizou gran parte das esculturas que rematan as reixas da catedral de Ourense. Destaca a imaxe da Virxe da Esperanza, que realizou para a catedral de Tui.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Chaves

  • Deceso

    Lugar : Ourense