Montanelli, Indro
Montanelli, Indro
Xornalista e escritor italiano. Considerado como un dos principais comunicadores do seu país, traballou para o Corriere della Sera e fundou o Giornale Nuovo (1974). Obtivo moito éxito cos seus relatos históricos, en que narrou o pasado de forma moi amena con humor e sobre a base de modelos de crónica familiar. Publicou Guerra nel fiordo (1942), Storia di Roma (1957), Il bon uomo Mussolini (1959), Garibaldi (1962) ou L’Italia di Giolitti (1974). Recibiu o World Press Reviews International Editor of the Year (1994) e o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación y Humanidades (1996).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Fucecchio, Toscana -
Deceso
Lugar : Milán