Montaña, La
Montaña, La
Rexión fisiográfica que comprende as provincias de Burgos, Palencia e León, e Cantabria. Engloba as serras de Peña Ubiña (2.417 m), Peña Prieta (2.536 m), Picos de Europa (2.648 m) entre outras. Regada por varios afluentes do Duero e do Ebro, ten un clima húmido. A poboación concéntrase nos vales, aínda que a rexión acusa unha forte emigración. A súa economía baséase na explotación agrícola e gandeira.