Monte, San Miguel do
Monte, San Miguel do
Igrexa parroquial situada en Chantada. Realizada con cantaría e cachotaría de granito, trátase dun templo barroco que conserva do románico a nave e a portada do lado sur. O edificio ten planta rectangular e un presbiterio con tramo cadrado e remate semicircular, utilizado como sancristía. Ao presbiterio accédese a partir dun arco triunfal de medio punto, que o separa da nave. No interior, destacan os restos de pinturas murais do s XV, con escenas do Descendemento.