Monte, torre do
Monte, torre do
Construción situada en Iria Flavia (Padrón). Construída con cantaría de granito, componse de catro corpos de distintas épocas e características. O principal ten planta rectangular, coa antiga torre nunha das esquinas e unido a él, outro corpo máis baixo acolle as dependencias auxiliares. Destaca a escalinata barroca da fachada, que dá paso a un patín, e tamén a solaina da fachada sur. Ten unha capela baixo a advocación de san Miguel. O conxunto complétase cun pombal e un hórreo. Foi restaurado en varias ocasións.