Monte Albán

Monte Albán

Antiga cidade de México, situada no estado de Oaxaca. Duns 40 km de extensión, aproximadamente, foi fundada polos zapotecas, a máis de 1.500 m sobre o nivel do mar, pero as súas ruínas demostran que foi ocupada sucesivamente polos mixtecas e os aztecas; obsérvanse ademais, pegadas dos conquistadores españois. Do conxunto, que debeu ser un gran centro relixioso, sobresae a praza central, cunha fileira de pequenos templos no medio e varias construcións menores nos laterais, así como os enterramentos que se atoparon, acompañados dos seus correspondentes enxovais. Foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1987).

Palabras veciñas

Montcada i Reixac | monte | Monte | Monte Albán | Monte Alto | Monte Alto | Monte Arroio