Monte Redondo, San Xoán de
Monte Redondo, San Xoán de
Igrexa parroquial situada en Padrenda. Construíuse durante o s XVII, no lugar onde antigamente se atopaba un mosteiro de monxes bernaldos. Consta dunha única nave, con capela maior e cuberta con bóveda de madeira, o mesmo que a sancristía. No interior, destacan os retablos, que mesturan elementos barrocos da primeira metade do s XVIII e manieristas, de comenzos do s XVII, así como a imaxe de san Pedro portando as chaves, un libro e a cruz.