Monteagudo, illa de ou illa do Norte

Monteagudo, illa de ou illa do Norte

Illa pertencente ao arquipélago das Illas Cíes, cunha dirección N-S. É a máis setentrional e extensa, e a súa máxima altitude acádase no alto das Cíes (188 m), no sector N. Está unida á illa de Faro por unha formación sedimentaria areosa, Barra de Rodas, onde se atopa o lago dos Nenos, pechado no seu lado L pola praia de Rodas e ao O por un dique artificial. Na punta SO atópanse as praias máis destacadas, Figueiras e Cantareira.