Montefeltro, ducado de
Montefeltro, ducado de
Antiga rexión histórica de Italia, que se enmarcaba nos actuais territorios de Emilia-Romaña, Marcas e a República de San Marino, que deu nome, a partir do s XII, a unha liñaxe nobre italiana de tradición xibelina. Tense noticia dun primeiro conde de Montefeltro, chamado Antonio , que obtivo o título nobiliario de Federico I Barbarrubia. Oddantonio da Montefeltro foi nomeado duque de Urbino en 1443 e foi sucedido, ao ano seguinte, polo condottiere Federico da Montefeltro . Á morte do seu fillo, Guidobaldo da Montefeltro (1472-1508), o ducado de Urbino pasou a Francesco Maria della Rovere.