Montejurra
Montejurra
Montaña de Nafarroa, situada ao SL de Estella, o seu cumio acada os 1.405 m de altitude. Alí tivo lugar a Batalla de Montejurra (7 e 8 de novembro de 1873) que rematou coa vitoria defensiva dos carlistas, conmemorada anualmente (primeiro domingo de maio) cunha romaría ao mosteiro de Irache e unha concentración na montaña. Na concentración de 1976 o enfrontamento entre os seguidores de Carlos Hugo de Borbón-Parma, pretendente carlista á coroa de España, e os do seu irmán Sisto de Borbón-Parma, que dirixía unha rama de extrema dereita, acabou traxicamente con dúas persoas mortas, ante a non intervención das forzas de seguridade.