Montemor, Jorge de
Montemor, Jorge de
Escritor portugués. De formación humanística escasa, elaborou case toda a súa obra en lingua castelá. O seu primeiro libro, non publicado, foi Diálogo espiritual (1548?), ao que seguiron Exposición moral sobre el salmo LXXXVI (1548), Epístola a Sa de Miranda (1552-54) e Las obras de Jorge Montemayor, repartidas en dous libros (1554), obra máis coñecida como Cancionero. A súa obra máis famosa é a novela pastoral Los siete libros de Diana (1559), primeira obra deste xénero escrita en prosa.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Montemor -
Deceso
Lugar : Velho -
Deceso
Lugar : Piemonte