Montenegro

Montenegro
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe que leva, en campo de azul, un M de ouro, superado dunha coroa do mesmo. Outra variante trae, en campo de ouro, unha árbore de sinople, resaltado o tronco de dous lobos de goles, colocados en pau; bordo de goles, cargado de oito aspas de ouro. Algúns ostentan, en campo de sinople, un M de prata superado dunha coroa de ouro.