Montenegro, Roberto

Montenegro, Roberto

Artista mexicano. Formouse na Academia de San Carlos de México, onde ingresou en 1906 e onde coñeceu a Diego Rivera. Viaxou a Europa en varias ocasións; en España asistiu aos obradoiros de I. Zuloaga e J. Sorolla, e en París relacionouse con artistas como Picasso, J. Gris ou Cocteau. No eido da ilustración, evolucionou cara ao decorativismo, mentres que como pintor tendeu ao eclecticismo. De novo en México en 1920, conseguiu altos cargos artísticos oficiais, fundou e dirixiu o Museo de Arte Popular (1934) e cultivou o muralismo. Destaca o seu mural Fiesta de la Santa Cruz (1924), o óleo Desesperación (1949) e o mosaico La muerte de las artesanías (1964). Publicou Pintura Mexicana del período 1800-1860 e Retablos mexicanos (1951). Recibiu o Premio Nacional das Artes de México en 1967.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Guadalajara

  • Deceso

    Lugar : Ciudad de México