Montero, Rosa
Montero, Rosa
Escritora e xornalista. Preocupada pola actualidade e pola realidade circundante, e comprometida con diversas causas sociais, destacou polos seus artigos no diario El País. Da súa obra cómpre salientar os contos infantís Las barbaridades de Bárbara (1996) e Bárbara contra el Doctor Colmillos (1998); os relatos Amantes y enemigos (1998) e Cuentos del mar (2001); as crónicas xornalísticas España para ti para siempre (1976), Historias de mujeres (1995) e Estampas bostonianas y otros viajes (2002); e as novelas Crónica del desamor (1979), Te trataré como a una reina (1983) e La loca de la casa (2003). Recibiu o Premio Nacional de Periodismo (1980) e a medalla de ouro do Cercle de Belles Arts de València (2000).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Madrid