Montero, Xosé María
Metalúrxico e sindicalista. De ideoloxía libertaria, emigrou a Arxentina en 1925, onde formou parte da Unión de Chauffeurs integrada na Federación Obrera Regional Argentina (FORA). En 1930 foi condenado a morte polo réxime do xeneral Uriburu, acusado de formar un grupo armado xunto con outros dous galegos, chamados Florindo Gayoso e José Ares. Indultados os tres logo dunha forte campaña levada a cabo nas dúas beiras do Atlántico, Montero pasou varios anos no penal de Ushuaia. Coa Guerra Civil Española voltou a Catalunya, e tras a derrota republicana, foi internado no campo francés de Argelès-sur-Mer (Pireneos Orientais) e de alí pasou a México, onde participou na conformación da Confederación Regional Galaica da CNT no exilio a partir de 1942. En 1970 regresou a Galicia, logo dun breve paso por Arxentina.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Cecebre, Cambre