Montero Cartelle, Emilio

Montero Cartelle, Emilio

Filólogo. Decano da facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (1993-2000), foi membro da Comisión de Investigación da Universidade de Santiago de Compostela e da sección de lingua e literatura do Instituto Padre Sarmiento. Fundou e dirixiu a revista Senara (1977-1978), e foi membro do Comite Científico das revistas Verba, desde 1993, e da Revista de Investigación Lingüística, desde 1997. Escribiu El eufemismo en Galicia. Su comparación con otras áreas romances (1981), La evolución de los esquemas condicionales (1983) e Gonzalo de Berceo y el Libro de Alexandre (1989). Recibiu o premio da tese de doutoramento de 1978, concedido pola Deputación Provicial de Pontevedra.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Pontevedra