Monterrey
Monterrey
Capital do estado de Nuevo León, México, situada nun val fértil, á saída dun paso da Sierra Madre Oriental (1.110.997 h [2000]). É un núcleo industrial, potenciado polas comunicacións ferroviarias con Laredo (Texas, EE UU), Ciudad de México e o porto de Tampico. Conta con industrias siderúrxicas, químicas de ácidos e fibras sintéticas, automóbiles, materiais eléctricos, elaboración de tabaco, cerámica e téxtil. Fundada en 1579, foi evanxelizada por relixiosos franciscanos. Foi pouco importante ata finais do s XIX, cando se fixo chegar o ferrocarril, que impulsou a industrialización.