Monterrey

Monterrey

Publicación editada en Vigo a partir de 1950 a cargo da Editorial Monterrey. Cesou en 1968. Tratouse do catálogo da libraría anticuaria que existiu en Vigo co mesmo nome, propiedade dos irmáns Xosé María e Emilio Álvarez Blázquez e Xosé Viñas, os fundadores da Editorial Monterrey (1950), a futura Editorial Castrelos. Ademais da información do catálogo de publicacións da libraría, incluíu publicidade das coleccións da editorial e artigos, un deles a cargo de Ferro Couselo. Saíu anualmente ata os últimos exemplares, que apareceron con irregularidade.