Monterroso Devesa-Juega, Xosé María
Monterroso Devesa-Juega, Xosé María
Investigador e escritor. Foi membro fundador da Asociación de Escritores en Lingua Galega, da Asociación Galega da Lingua, director de O Facho e presidente da Asociación Cultural O Facho. Dedicouse á onomástica e á xenealoxía, centrada esta nas familias galegas que, desde o s XVIII, crearon estirpes en Río de la Plata. Publicou os libros Cara ao lonxe, noite adiante (1973), Galegos e galeguismo (1979), Nau enfeitizada (1979), Apelidos galegos (1990), O tema da emigración no Castelao gráfico (1987, Premio Xesús Canabal Fuentes) e Aquela luz (1997), e participou na edición de Obra política de Ramón Villar Ponte (1991), en colaboración con Justo G. Beramendi.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : A Coruña