Montesa

Montesa

Marca de motocicletas creada e fabricada en Barcelona (desde febreiro de 1945) pola empresa Permanyer SA d’Indústries Mecàniques. Foi a primeira marca de motocicletas fabricadas en serie no país. A pesar dos éxitos deportivos acadados nas competicións de trial, atravesou unha aguda crise que en 1981 a levou a concibir un plan de reestruturación. En 1982 asinou un acordo con Honda Motor para fabricar modelos desta firma xaponesa, que controla o 88% do capital (1994). Actualmente denomínase Montesa Honda SA e está domiciliada en Santa Perpètua de Mogoda.