Montesa, orde de

Montesa, orde de

Orde militar creada en 1317 por Xaime II de Aragón, para defender os territorios da coroa. Baixo o nome de Santa María de Montesa, foi aprobada polo Papa Xoán XXII en 1317. A súa fundación coincidiu coa supresión da orde do Temple, ordenada polo Concilio de Viena. En 1587 o Rei Filipe II transferiu o mestrado da orde á coroa española.