Monteverdi, Claudio
Monteverdi, Claudio
Compositor. Foi músico da corte de Mantua (1590-1612). Interesouse polas experiencias da Camerata Fiorentina, no campo da música dramática, e foi o introdutor dun moderno espírito secular na música relixiosa. En 1607 estreou La favola d’Orfeo, e pouco despois Arianna (1609), da que só queda a lamentación Lasciatemi morire. Fixo do recitativo secco unha forma artística, grazas ao seu coñecemento da voz humana. En 1613 foi nomeado mestre de capela de San Marcos de Venecia. Escribiu oito libros de madrigais e obras de tema relixioso, como Vespri della Beata Vergine (1610) e Selva morale e spirituale (1640); óperas, como Il ritorno di Ulisse in patria (1641) e l’Incoronazione di Poppea (1642), e oito libros de madrigais.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Cremona -
Deceso
Lugar : Venecia