Montfort, Simon de

Montfort, Simon de

Nobre francés, fillo de Simón IV de Montfort e conde de Leicester. Establecido en Inglaterra desde 1230, casou con Leonor, irmá do Rei Enrique III de Inglaterra. Ocupou o cargo de gobernador de Aquitania (1248), pero a dureza da súa xestión fixo que tivese que volver a Inglaterra, onde encabezou a liga de baróns que arrebataron ao rei as provisións de Oxford. Xunto co conde de Gloucester, dirixiu a oposición (1258) e a revolta dos baróns (1264). Árbitro da política interna inglesa, foi vencido polos realistas na Batalla de Evesham.

Cronología

  • Nacemento

  • Deceso

    Lugar : Evesham, Worcester