Montgolfier, Joseph Michel

Montgolfier, Joseph Michel

Inventor francés. Xunto co seu irmán Jacques Étienne Montgolfier (Vidalon-lès-Annonay 1745 - Serrières 1799), interesouse polos problemas do voo e orientou as solucións cara á construción de aparatos máis lixeiros ca o aire. Os dous construíron un globo de 20 m3 que fixeron subir mediante aire quente en Annonay o 5 de xuño de 1783. Despois de perfeccionar o seu invento, o 21 de novembro de 1783 efectuaron en París a primeira ascensión tripulada da historia. En 1783 foron nomeados membros correspondentes da Académie des Sciences.

Cronología

  • Deceso

    Lugar : les

  • Deceso

    Lugar : Annonay, Languedoc

  • Deceso

    Lugar : Bains