Montilla
Montilla
Municipio da provincia de Córdoba, Andalucía, situado en La Campiña, ao pé da serra de Cabra (22.925 h [2001]). O termo pertence a unha rexión de viños de gran calidade, e é un centro comercial e industrial con fábricas de alcol e de augardente, fariñeiras e curtidoiras. Conserva o pazo dos duques de Medinaceli e a casa de Garcilaso de la Vega.