Montjuïc, Estadi Olímpic de

Montjuïc, Estadi Olímpic de

Estadio deportivo de Barcelona. Foi construído con motivo da Exposición Universal de 1929 polo arquitecto Pedro Domènech e Roura. Entre 1986 e 1989 os arquitectos V.Gregotti, F.Correa, A.Milà, J.Margarit e C.Buxadé reformárono e só conservaron a fachada. Foi a sede principal dos Xogos Olímpicos de Barcelona (1992) e nel xogan os seus partidos como locais o R.C.D. Espanyol e os Barcelona Dragons (ata 2003).

Palabras veciñas

Montilla Aguilera, José | Montizón | Montjuïc, Batalla de | Montjuïc, Estadi Olímpic de | Montmartre | Montmeló | Montmorency, Anne de