Montmeló
Montmeló
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya, situado no val do Congost (8.592 h [2001]). A industria é a actividade máis importante do termo, e destacan as empresas alimentarias, da construción e químicas. Posúe un circuíto de velocidade onde se disputa o Gran Premio de Catalunya de motociclismo e automovilismo.