Montoro
Montoro
Municipio da provincia de Córdoba, Andalucía, situado en La Campiña, á beira do Guadalquivir (9.407 h [2001]). Posúe unha agricultura de secaño, oliveiras principalmente e de regadío, con cultivos de algodón, hortalizas e remolacha azucreira. A economía compleméntase coa industria de transformación de produtos agrícolas. Do seu patrimonio cultural destaca unha ponte de 1500.