Montseny

Montseny

Macizo montañoso de Catalunya situado na cordilleira Prelitoral, entre o Vallès Oriental, a Selva e Osona. Está formado por dous bloques principais: ao N, o da aliñación elevada de Home-Matagalls (1.707-1.695 m), e ao SO, o da chaira da Calma, penechaira pretriásica (1.350 m) que conserva as formas antigas grazas ao recobremento de gres do Triásico. O clima caracterízase por precipitacións abundantes. A vexetación, en grande parte forestal, está disposta en pisos altitudinais. Desde 1977, todo o macizo é considerado espazo natural protexido, e a UNESCO declarouno reserva da biosfera (1978).