Montserrat
Montserrat
Macizo montañoso que se ergue á dereita do Llobregat, no límite de Bages, a Anoia e do Baix Llobregat. A vertente N está formada por unha gran parede duns 300 m de altitude, cruzada por dereitas canles. No S os torrentes son máis longos e a montaña perde altura mediante chanzos. Os relevos están formados por pudingas que en ocasións se atopan intercaladas con margas e gres. Desde un punto de vista bioxeográfico pertence á rexión mediterránea. Sufriu os efectos de importantes incendios en 1986. En 1987 foi declarado parque natural.